rafflesiáceo -a
rafflesiáceo -a
(< lat científico Rafflesia, xénero de plantas)
-
adx
Relativo ou pertencente ás rafflesiáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das rafflesiáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas, da orde das rafflesiais, integrada por especies parasitas que carecen de clorofila e presentan un aparato vexetativo reducido. As flores son actinomorfas solitarias ou en acios, xeralmente unisexuais, de periantio monoclamídeo e de ovario ínfero, e froitos baciformes ou capsulares con sementes pequenas e abundantes. A maioría das súas especies son tropicais. A esta familia pertence a especie Rafflesia arnoldi, que ten a flor máis grande coñecida, que pode alcanzar máis de 90 cm de diámetro. Na Península Ibérica só aparece o xénero Cytinus.