rafflesial

rafflesial

(< lat científico Rafflesia,xénero de plantas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás rafflesiais.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da orde das rafflesiais.

  3. s f pl [PLANTA]

    Orde de plantas parasitas, da clase das dicotiledóneas, con follas alternas ou opostas, flores actinomorfas, unisexuais dispostas en inflorescencias espiciformes. O froito adoita ser unha baga con numerosas sementes. Está formado por tres familias, a das rafflesiáceas, a das mitrastemonáceas e a das hidnoráceas.