Ranatra

Ranatra
[ANIMAL/ENTOM]

Xénero de insectos, da familia dos népidos, de corpo estreito e cilíndrico, cun longo sifón respiratorio. Vive preto de lugares pantanosos onde está a súa vexetación predilecta. OBS: Tamén se denominan escorpións acuáticos.