Rañal, pazo de

Rañal, pazo de

Construción situada en San Xurxo de Moeche (Moeche). Construído a finais do s XVII, ten planta irregular polas distintas reformas que sufriu. Consta de dous andares con muros de carga de cachotaría, agás os vans das ventás, con carpintarías de madeira, que están enmarcados por pezas de cantaría. Nas súas proximidades sitúase un hórreo.