Rande, ponte de

Rande, ponte de

Construción situada sobre o estreito do mesmo nome entre Vilaboa e Redondela. A súa construción iniciouse en 1973 e rematou en 1977 aínda que non se inaugurou ata 1981. Supuxo a maior obra de enxeñaría de Galicia e por ela discorre un tramo da AP-9. Foi obra de Florencio del Pozo Frutos, coa colaboración de Fabricio de Miranda e Alfredo Passaro. Trátase dunha ponte atirantada cunha lonxitude no tramo central de 695 m e unha anchura de 23,46 m, suspendida sobre dous piares que acadan os 128 m de altura sobre o nivel do mar, e cunha luz de 400 m.

Palabras veciñas

Rande | Rande, Batalla de | Rande, estreito de | Rande, ponte de | randear | randeeira | Randers