1 real

1 real

(

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao rei, á raíña ou á realeza.

    2. adx

      Que está baixo o padroado do rei ou da raíña.

    3. real sitio [HIST]

      Denominación dos palacios que foron residencia ocasional dos reis de España. De titularidade estatal, forman parte do Patrimonio Nacional e están destinados ao uso e servizo do rei e da familia real para a alta representación que a Constitución e as leis lles atribuíron. Son o Palacio Real de El Pardo, o Palacio de la Zarzuela, o Palacio Real de Madrid, o Palacio de La Almudaina de Palma de Mallorca o Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial, o Palacio Real de Aranjuez, o Palacio Real de La Granja de San Ildefonso e o Palacio Real de Riofrío, ambos os dous en Segovia. OBS: Adoita empregarse en plural e en maiúscula.

  1. adx

    Aplícase ás plantas ou animais que se distinguen doutros cos que están emparentados por ter unhas características destacadas.

  2. [NUMIS]
    1. s m

      Moeda do rei, na Idade Media, por oposición á moeda episcopal, condal ou local, que podía ser tanto de ouro como de prata ou billón.

    2. s m

      Moeda que equivale a 25 céntimos de peseta.

    3. real de a oito

      Moeda española de prata con valor de oito reais que se cuñou nas cecas de ultramar. Considerouse a primeira moeda de uso universal pola aceptación que tivo.

    4. real de billón

      Unidade de conta usada na monarquía hispánica, de aliaxe de prata e cobre, xeneralizada desde o s XVIII e oficializada en 1809.

    5. real de Castela

      Moeda introducida polo Rei Pedro I no s XIV e que, con moitas variacións de tipoloxía, permaneceu como a moeda de prata máis estable do Reino de Castela. Os Reis Católicos fixaron en 1475 as súas características (lei de 11 diñeiros e talla de 67 pezas por marco), confirmadas na pragmática de Medina del Campo de 1477. Estableceron os valores de real, medio real, cuarto de real e oitavo de real e posteriormente apareceron os múltiplos do real: real de a oito ou duro, real de a catro e real de a dous. Dos seus divisores só se cuñou o medio real e Carlos III introduciu o tipo de busto.

    6. real de 50

      cincuentín.

    7. real de prata

      Moeda de prata cun peso aproximado de 3 g, como os reais de Castela e Francia.

  3. s m [ECON]

    Unidade monetaria brasileira dividida en 100 centavos, que está vixente desde 1994.