2 real

2 real

(

  1. adx

    Que ten existencia efectiva, oposto ao puramente mental, ideal ou fiticio.

    Ex: A historia baseábase en feitos reais.

    Antónimos: irreal.
  2. dereito real [DER]

    Facultade de actuar sobre un obxecto de dereito para percibir del unha utilidade. OBS: Adóitase empregar en plural.

  3. hipótese real [ASTRON]

    Hipótese debida a Copérnico segundo a que a Terra e os restantes planetas xiran ao redor do Sol. Denomínase así porque describe a situación que se dá na realidade, en contraposición á hipótese aparente, que describe unha situación fiticia.