redención
(< lat redemptĭōne)
-
s
f
Acción e efecto de redimir ou redimirse.
-
s
f
[RELIX]
Liberación por medio dun rescate da condición de pecado, de infidelidade, de sufrimento e de morte, común á maioría das relixións. Así, o sacrificio dos primoxénitos dos animais redime os homes, que doutro xeito serían inmolados; e o sacrificio dunha soa persoa pode redimir a colectividade, como a Ifixenia da mitoloxía grega. Como liberación, confúndese coa salvación e é a base de todas as relixións universalistas e das antigas relixións dos misterios. Non obstante, a orixe xurídica do concepto de rescate permite determinar unha concepción da salvación propia da tradición xudeocristiá. A partir do Novo Testamento, a idea de redención ocupa un lugar central na mensaxe cristiá. Son numerosos os textos nos que a morte de Xesús Cristo se explica como un rescate para a liberación do home do poder do mal, que o ten sometido. De aquí provén o valor redentor da morte de Xesús Cristo na cruz, cuxa morte, segundo as teorías da satisfacción, foi a prestación equitativa, a redención condigna, pagada a Deus por unha humanidade representada polo Deus-home como prezo para a salvación dos homes.
-
[DER]
-
s
f
Recuperación dunha cousa ou dun dereito, e que se libera dunha determinada obriga ou mediante o pagamento dunha cantidade.
-
redención da enfiteuse
Facultade que se lle outorga ao enfiteuta de poder extinguir a enfiteuse mediante o aboamento ao señor do importe convido ao constituírse a enfiteuse ou en pacto posterior. Tamén pode ser da cantidade que resulta de capitalizar a pensión ao 3% e o importe dun laudemio de acordo co tipo pactado.
-
redención de censos
Forma de liberar a propiedade devolvéndolle ao censualista o capital do censo representado polo valor asignado á propiedade no momento de constituír o contrato e por unha cantidade equivalente aos laudemios que deixou de percibir, que varía segundo os costumes. Quen recibe o capital en diñeiro ou en propiedades gravando a propia ou a que lle transmiten co pagamento da pensión censual, libera a propiedade desta carga devolvendo o capital recibido.
-
redención de penas por traballo
Posibilidade de reducir a pena como contraprestación do traballo levada a cabo durante o tempo da condena.
-
redención dunha servidume
Forma de extinción dunha servidume mediante o pagamento dun prezo pactado con anterioridade. O código civil español prescribe a redención das servidumes de pasto e leña.
-
s
f