Reform Acts

Reform Acts

Conxunto de leis aprobadas polo Parlamento británico (1832-1884), relativas á reforma do sistema electoral para a Cámara dos Comúns. A Reform Act de 1832 redistribuíu os escanos parlamentarios a favor das cidades e áreas industriais e duplicou o corpo electoral ampliando o dereito a voto aos propietarios de inmobles. A de 1867 ampliouno máis ao conceder o dereito de voto aos artesáns e aos obreiros máis acomodados. A de 1884 concedeullo aos obreiros industriais e aos agricultores.