reforma
(< reformar)
-
s
f
Acción e efecto de reformar ou reformarse.
-
s
f
[RELIX]
-
Mitigación dunha regra relixiosa excesivamente ríxida.
-
Restablecemento da antiga ou primitiva observancia.
-
-
s
f
[HIST/RELIX]
Conxunto de innovacións ou de cambios profundos, na vida da sociedade, da Igrexa, debidos normalmente á acción lexítima dos poderes constituídos, do papa ou dos concilios, pero que responden a unha necesidade de cambio orixinada antes na base.
-
reforma católica
Contrarreforma.
-
reforma económica
[ECON]
Expresión aplicada ao proceso polo que os estados excomunistas de Europa, cunha economía de planificación central de tipo soviética e de integración no COMECON, pasaron a outra de mercado concorrencial.
-
reforma fiscal/tributaria
[ECON/POLÍT]
Modificación profunda do sistema impositivo estatal ou local, é dicir, do marco e o contido, máis ou menos total, das leis tributarias. Preténdese subir o nivel de suficiencia tributaria, é dicir, de recadación; mellorar a distribución da carga impositiva para facela máis xusta, conseguindo efectos económicos positivos; e avanzar en claridade, simplicidade e economía de recadación.