Reis Católicos

Reis Católicos

Título concedido en 1496 pola bula Si convenit outorgada polo Papa Alexandre VI a Fernando II de Aragón e a Isabel I de Castela. Os motivos foron a unificación e pacificación dos seus reinos, a expulsión dos xudeus que non aceptaban o bautismo, a reconquista de Granada de mans do Islam, a liberación de Nápoles e dos Estados Pontificios do xugo dos exércitos franceses e a promesa de iniciar unha cruzada contra os otománs. O matrimonio dos monarcas supuxo a unión dinástica das coroas de Castela e Aragón pero non a unión política de ambos os dous reinos, que continuaron a ter as súas propias institucións. O título tamén o ostentaron os seus sucesores.