Reis Católicos, estilo
Reis Católicos, estilo
Estilo artístico desenvolvido no segundo terzo do s XV durante o reinado dos Reis Católicos, especialmente no eido da pintura. Desenvolveuse como consecuencia da expansión da arte flamenga desde 1430. Entre outros aspectos asumiuse o óleo aínda que se mantiveron algúns modelos góticos. Entre outras obras destacan os sepulcros dos reis Xoán II e Isabel de Portugal na cartuxa de Miraflores de Burgos e a capela do Condestable da catedral de Burgos, e dos pintores sobresae Fernando Gallego.