relito -ta

relito -ta

(< lat relictu, p p de relinquĕre ‘deixar’)

  1. adx [BIOL]

    Aplícase ás especies que, tendo nun pasado unha ampla distribución, aparecen na actualidade, ou nun momento dado, como poboacións localizadas e pequenas.

  2. adx [XEOL]

    Aplícase aos solos de orixe antiga que resistiron a erosión e que poden constituír a rocha nai dos solos actuais.

  3. s m [PALEONT]

    Taxon que perdura, moito despois da súa desaparición xeral, en rexións moi limitadas.

  4. s m [ECOL]

    Especie paleoendémica que ocupa restos dunha área primitiva máis extensa ou que habita nunha zona pequena afastada da área principal.