reliquia
(< lat reliquĭa)
-
s
f
-
[RELIX]
Aquilo que queda do corpo dun santo, dos instrumentos do seu martirio ou do seu vestido, e que se venera. Hai elementos deste culto nas relixións primitivas. En Grecia venerábanse supostas reliquias dos heroes míticos, como Teseo, Dionisio ou Cronos. En Exipto existiron, ao lado das tumbas reais e dos cemiterios de touros de Apis, numerosos sepulcros de Osiris. No cristianismo, a partir sobre todo do s IV, ademais dos corpos dos mártires, comezaron a venerarse os instrumentos do seu martirio. En Palestina, xunto co culto á cruz e ao sepulcro de Xesús Cristo, comezáronse a venerar os lugares relacionados coa súa vida. Xunto ao dos mártires, o culto das reliquias vai unido aos numerosos traslados e fragmentación dos corpos santos, frecuentes a partir do s VIII e desde os cruzados (s XII). O protestantismo, nas súas diferentes formas, rexeitou o seu culto. Na doutrina católica, o Concilio de Trento confirmou a práctica do culto, e a Sagrada Congregación das Indulxencias e a Sagrada Congregación de Ritos foron as encargadas de declarar a xenuinidade das reliquias. En Galicia destaca na catedral de Santiago de Compostela a capela das Reliquias, ou Panteón Real, onde se gardan reliquias medievais e renacentistas.
-
Obxecto de gran valor material ou sentimental que se conserva durante moitos anos.
-
[RELIX]
-
s
f
Pegada que queda dunha cousa pasada.
-
s
f
[BOT]
Planta orixinaria doutra época que actualmente persiste nalgúns ecosistemas determinados.
-
s
f
[PAT]
Achaque ou dor persistente que resulta dunha enfermidade ou dun accidente.