repetición

repetición

(< lat repetitiōne)

  1. s f

    Acción e efecto de repetir ou repetirse.

  2. s f [DER]

    Dereito e acción de reclamar e de obter a reintegración de algo que foi pagado indebidamente ou por erro en beneficio doutro. O que cobrou inxustamente está obrigado á súa restitución.

  3. s f [MÚS]

    Fragmento dunha obra musical que se interpreta dúsa veces consecutivas.

  4. s f [LIT]

    Figura de dicción que consiste en repetir unha palabra ou un grupo de palabras ao comezo de dúas ou máis cláusulas, dotando a expresión dunha certa énfase.

  5. arma de repetición [BÉL]

    Arma de fogo que pode efectuar varios disparos cunha soa alimentación.

Palabras veciñas

repesar | repetíbel | repetible | repetición | repetido -da | repetidor -ra | repetir