repetidor -ra
repetidor -ra
(< lat repetitōre)
-
adx e s
-
Que ou quen repite.
-
Aplícase ao estudante que repite un curso ou materia ao ano seguinte.
-
-
s
m
[COMUN]
Aparato que amplifica e retransmite os sinais eléctricos aplicados á súa entrada, para compensar as perdas que se producen durante unha transmisión. Emprégase en telefonía, telegrafía, radiocomunicacións ou televisión. En telefonía e telegrafía son de baixa frecuencia (ou de frecuencias vocais) ou ben de alta frecuencia. Segundo o medio de transmisión, cómpre incluír os repetidores de radioenlace e de coaxial. En televisión son pequenos equipos que amplifican os sinais recibidos e os volven emitir con máis potencia, e reciben tamén o nome de reemisores.
Sinónimos: relé.