repetir

repetir

(

  1. v t

    olver facer ou dicir algo.

    Ex: Repetiu a súa declaración ante o xuíz. Repite o exercicio.

  2. v t

    Tomar de novo algo que se acaba de comer ou beber.

    Ex: Vou repetir o caldo, que está boísimo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Repetiu cantas veces quixo.

  3. v i

    olver á boca o sabor dunha comida.

    Ex: Non como allo porque repite.

  4. v pron

    olver aparecer ou suceder algo.

    Ex: Os accidentes repítense continuamente nesta curva.

  5. v pron

    Facer ou dicir algo con regularidade.

    Ex: Cando bebe un pouco repítese máis ca un papagaio.

Refráns

  • Ó ano mil volve a auga ao seu carril.
  • Ó cabo dos anos mil voltan as augas por onde adoitaban ir.