república, A
república, A
[POLÍT]
Obra de Platón, cun segundo título, ðåñί ô ῆ ò äί÷çò (sobre a xustiza), a máis extensa entre os seus Diálogos acabados e posiblemente a máis expresiva do seu pensamento. Composta por dez libros, adóitase datar a súa redacción entre o 390? a C e o 384-374 a C. Expresión, segundo Platón, da realización política máis xusta e afianzada na verdade, e reflicte as súas máis firmes convicións filosóficas, antropolóxicas e sociais. Neste modelo de aristocracia só os mellores poden acadar o poder, os políticos, que Platón esixe que sexan filósofos. Expón tamén a dificultade de acadar a verdade e, ao mesmo tempo, a afirmación da liberdade persoal.