República Francesa, Segunda

República Francesa, Segunda

Período da historia de Francia que vai desde o 25 de febreiro de 1848 ata o 21 de novembro de 1852. Proclamada tras a abdicación de Luís Filipe I de Francia, a República naceu dividida entre liberais e socialistas. A insurrección popular de París de xuño de 1848, provocada entre outros motivos pola disolución dos Talleres Nacionais, foi rigorosamente reprimida e provocou unha reacción conservadora. Napoleón III, elixido presidente, deu un golpe de estado o 2 de decembro de 1851 que practicamente rematou coa República, aínda que tardou un ano en proclamarse emperador.