República Francesa, Cuarta

República Francesa, Cuarta

Período da historia de Francia que vai desde o 21 de outubro de 1945 ata o 4 de outubro de 1958. Liberada Francia da ocupación alemá tras a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), Charles de Gaulle creou un goberno provisional e o socialista Vincent Auriol foi elixido presidente. A exclusión dos comunistas do goberno en 1947 e a organización dos partidarios do xeneral De Gaulle imposibilitaron a consolidación do novo réxime, que sufriu unha forte inestabilidade ministerial. O proceso de descolonización culminou coa crise de Alxeria, que puxo fin á Cuarta República Francesa. O presidente René Jules Gustave Coty nomeou primeiro ministro a De Gaulle, que iniciou a Quinta República Francesa.