República Francesa, Quinta

República Francesa, Quinta

Período da historia de Francia que comezou o 5 de outubro de 1958. Xurdiu a consecuencia do referendo que aprobou a nova constitución presidencialista presentada polo xeneral Charles de Gaulle, que foi elixido presidente. Os seguidores de De Gaulle dominaron a asemblea, e o réxime evolucionou cara a un sistema de poder persoal en mans de De Gaulle. Á súa morte, o conservador Valéry Giscard d’Estaing foi elixido presidente (1974-1981) fronte ao candidato das esquerdas François Mitterrand, que acadou o cargo entre 1981 e 1995. En 1995 converteuse en presidente da república Jacques Chirac, reelixido en 2002.