resoador -ra

resoador -ra

(< resoar)

  1. adx

    Que resoa.

    Sinónimos: resoante.
  2. s m
    1. Corpo ou elemento de forma e dimensións adecuadas para facer resoar as vibracións acústicas correspondentes á zona de frecuencias para as que foi construído.

    2. [FÍS]

      Dispositivo ou circuíto capaz de entrar en resonancia. O primitivo resoador de Hertz foi empregado ao principio das transmisións radioeléctricas.

  3. s m [LING]

    Cada unha das cavidades supraglóticas que, na fala, destacan os harmónicos pertinentes de cada son.

Palabras veciñas

Reşita | resma | Resnais, Alain | resoador -ra | resoante | resoar | Resol