respiración
(< lat respiratiōne)
-
s
f
Acción de respirar.
Sinónimos: alento. -
-
s
f
[FISIOL]
Función dos animais mediante a que se capta osíxeno para transportalo ás células, onde será utilizado na respiración interna, eliminándose, posteriormente, o dióxido de carbono producido nesta. As funcións da respiración son, por tanto, tres: a captación de osíxeno e a eliminación de CO 2 a través do aparato respiratorio, o transporte e a cesión dos gases ás células e a utilización do osíxeno na respiración interna.
-
respiración artificial /
[FISIOL/MED]
Respiración que se efectúa, manualmente ou mediante aparatos, cando se interrompe a actividade espontánea do aparato respiratorio. Os métodos manuais dependen da posición do paciente e da modalidade dos movementos practicados e destacan o de Silvester, o de Schaeffer e o da respiración boca a boca.
-
s
f
[FISIOL]
-
s
f
[TECNOL]
Entrada e saída libre do aire nos espazos cerrados que permite a aspiración ou exhalación de vapores.
Sinónimos: ventilación. -
s
f
[MÚS]
Signo de notación en forma de apóstrofo ou de coma que lle indica a un cantante ou a un intérprete dun instrumento de vento o momento en que pode facer unha pausa para coller aire.
-
respiración interna
[BIOL]
Conxunto de funcións dun organismo que conducen á obtención da enerxía necesaria para cumprir as súas funcións vitais, mediante a oxidación total ou parcial das moléculas orgánicas. A respiración pode ser aerobia, en presenza de osíxeno e que se produce nas mitocondrias a través do ciclo de Krebs e das cadeas respiratorias, ou anaerobia, na que non intervén o osíxeno (fermentación).