respirar
respirar
(< lat respirāre)
-
v i
Realizar un ser vivo a función da respiración.
Ex: Este home respira con dificultade. Os peixes respiran polas branquias.
-
v i
Descansar momentaneamente dunha acción, especialmente daquela que require moita atención ou esforzo.
Ex: Respirei ao rematar o informe.
-
v i
Recuperar a tranquilidade despois dunha preocupación.
Ex: Despois do exame respirou tranquilo.
-
v i
Ter un espazo pechado unha abertura que comunica directamente co exterior.
Ex: O cuarto respira pola claraboia.
-
v t
Inhalar algo polas vías respiratorias.
Ex: Respirou o aire do mar.
-
v t
Estar inmerso nun determinado ambiente.
Ex: Nesta casa respiro tranquilidade.