respirador -ra
respirador -ra
(< respirar)
-
adx
Que serve para respirar.
-
s
m
[MED]
Aparato deseñado para substituír a función respiratoria ou para estimulala en pacientes que non poden efectuala espontaneamente.
-
respirador de superficie
[DEP]
Tubo de material plástico ou metálico que permite a respiración mentres se permanece debaixo da auga. Consta dunha peza que se aplica sobre a boca e, frecuentemente, dunha boia que impide a entrada de auga en caso de quedar por debaixo desta.