retirar

retirar

(< re- + tirar)

  1. v t
    1. Apartar algo ou a alguén do lugar en que estaba.

      Ex: Retiraron o batallón das manobras. Retirou o pastel do forno.

      Sinónimos: quitar, sacar.
    2. Facer que algo deixe de estar gardado ou depositado nun lugar.

      Ex: Retirou vinte euros do caixeiro automático. Retirou o coche que estaba mal estacionado.

  2. v t

    Facer que alguén deixe de prestar servizo activo nunha profesión ou nun cargo.

    Ex: Retirárono antes de tempo.

  3. v t

    Privar a alguén de algo que lle pertencía.

    Ex: Retiroulle a paga. O axente retiroume o pasaporte.

  4. v t

    Deixar de usar algo que non reúne as condicións necesarias.

    Ex: É hora de que retires a túa moto.

  5. v t

    Deixar de dar aquilo que se expresa.

    Ex: Retiroulle a fala.

  6. v t

    Declarar que non se mantén algo que se afirmou ou sostivo con anterioridade.

    Ex: Quero que retires o que dixeches. Retirou as súas acusacións.

  7. v pron

    Apartarse dun lugar ou de algo.

    Ex: Retirouse da estrada. Retirouse do seu lado.

  8. v pron

    Deixar de prestar servizo activo nunha profesión ou nun cargo.

    Ex: Retirouse do exército moi novo.

  9. v pron

    Recollerse a descansar.

    Ex: Retirouse á noitiña. Retirouse ao seu cuarto.

  10. v pron

    Ir vivir a un lugar afastado e tranquilo, apartándose do trato coa xente.

    Ex: Aos trinta anos retirouse a un mosteiro.

  11. v pron

    Apartarse dunha competición deportiva antes de que remate.

    Ex: Retirouse do partido na primeira parte.

  12. v pron

    Retroceder un exército.

    Ex: Retiráronse antes da batalla.

Palabras veciñas

retinxir | retirada | retirado -da | retirar | retiro | Retiro, El | Retirosa, pazo da