reunir

reunir

(< re- + unir)

  1. v t

    Xuntar ou volver unir o que estaba separado ou disperso.

    Ex: Reuniu todas as fotos para metelas nun álbum. Reuniu as pezas do quebracabezas.

  2. v t

    Facer que vaian a un mesmo lugar varias persoas ou animais.

    Ex: Reuníu a familia o día da festa. Reuniu o gando para ir pacer.

    Sinónimos: xuntar. Confrontacións: agrupar.
  3. v t

    Poñer xuntas varias cousas para facer un todo.

    Ex: Reuniu as súas mellores cancións nun só disco.

    Sinónimos: xuntar.
  4. v t

    Ter xuntas varias cousas ou persoas.

    Ex: O museo reunía unha magnífica colección de gravados.

  5. v t

    Xuntar cousas determinadas para un fin.

    Ex: Reuniu os cartos necesarios para a viaxe.

  6. v t

    Ter en si cousas diversas.

    Ex: Reúne intelixencia e beleza. Reunía os requisitos que solicitaban.

  7. v pron

    Xuntarse formando un grupo.

    Ex: Reuníronse para festexar o ascenso do equipo.

  8. v pron

    Formar parte dun grupo ou dun todo.

    Ex: Os escritores reuníronse nunha asociación.