Revolución Inglesa, Segunda
Revolución Inglesa, Segunda
Conxunto de acontecementos producidos en Inglaterra entre 1688 e 1689. Coñecida como Revolución Gloriosa, determinou a caída do rei católico Xaime II de Inglaterra e o ascenso ao trono do protestante Guillerme de Orange-Nassau (Guillerme III de Inglaterra) e da súa muller María II de Inglaterra, filla de Xaime II.