Ribadavia, barrio xudeu de

Ribadavia, barrio xudeu de

Barrio situado no centro histórico de Ribadavia. Acadou unha grande importancia durante a Idade Media ata a expulsión dos xudeus decretada polos Reis Católicos no s XV. A comunidade xudía era a que movía economicamente a vila. Está configurado por calellas e rúas con soportais e quedan algunhas casas brasonadas realizadas en pedra, e tivo unha sinagoga.