Ribadavia, castelo dos condes de

Ribadavia, castelo dos condes de

Construción situada en Ribadavia. Consérvanse restos da muralla, que discorre preto da que rodeaba a vila, e dos torreóns, ao lado das portas de acceso. Foi propiedade dos condes de Ribadavia que residiron nela ata que no s XVII se trasladaron ao pazo da Praza Maior co que comunicaba por medio dunha porta. De forma poligonal, o acceso ao recinto faise por unha porta de arco apuntado que comunica co patio de armas e co que queda do castelo. No interior atópase unha necrópole altomedieval, con sepulcros antropoides labrados na rocha, e restos dunha cheminea na que se situaba o escudo dos condes. Conserva tres das cinco portas que tiña: a Porta da Cerca, de entrada ao castelo, a Porta Nova, que levababa ao camiño do río, e a Porta Falsa, que levaba ao camiño do muíño.