Ribadavia, pazo dos condes de
Ribadavia, pazo dos condes de
Construción situada en Ribadavia. Emprazada na Praza Maior, pertenceu aos condes de Ribadavia que se instalaron nela no s XVII. Conserva un patio na parte superior que comunica co castelo por medio dunha porta. Na fachada destaca o escudo coas armas dos Sarmiento, os Castro e os Mendoza.