Rin, Batalla do
Rin, Batalla do
Conxunto de combates que, a finais da Segunda Guerra Mundial, e para atravesar o Rin e ocupar o O e o centro de Alemaña, libraron os exércitos aliados contra as forzas da Wehrmacht. Os aliados conquistaron a beira esquerda do Rin (febreiro de 1945), cruzaron o río en Remagen (7 de marzo), ocuparon o Ruhr e, avanzando cara ao L, chegaron ata máis alá do Elba.