Rin, chaira do
Rin, chaira do
Fosa tectónica percorrida polo Rin entre Basilea e Bingen. Ten uns 300 km de longo por uns 45 de ancho, enmarcado entre o Jura ao S e o macizo xistoso Renano ao N. Á súa dereita e esquerda álzanse os restos hercinianos da Selva Negra e Odenwald, por unha banda, e os Vosgos e Hardt pola outra, entre os que tivo lugar o afundimento iniciado no Oligoceno. O fondo desta fosa é un sistema de terrazas sobre materiais terciarios fértiles, pero ademais é un antigo camiño de paso entre o mar do Norte e a cunca mediterránea. Isto explica a poderosa industria e a gran densidade humana instalada na chaira.