robot

robot

(< ingl robot < checorobota ‘traballo, prestación persoal’)

  1. s m [TECNOL]
    1. Máquina de aspecto humano que é capaz de moverse, executar operacións ou falar.

    2. Máquina automática capaz de manipular obxectos executar operacións e movementos diversos segundo un programa que pode ser modificable ou adaptable, e que pode ir equipado con sensores para detectar os sinais de entrada e as condicións ambientais. Segundo o mando, os robots poden ser dirixidos a distancia (cando reproducen movementos ou ordes dun xerador remoto), regulables (cando executan movementos concretos mediante mandos manuais), programables (se os seus movementos están guiados por un programa) e intelixentes (se, ademais, teñen capacidade para modificar o seu comportamento de acordo coa observación do contorno por medio de sensores). Desde a antigüidade, a realización de mecanismos animados mediante dispositivos hidráulicos, poleas, pancas, engrenaxes e resortes foi unha constante na humanidade. Os robots constitúen un novo estadio, despois dos da mecanización e automatización na progresiva substitución de certas actividades humanas por dispositivos artificiais. Os robots industriais son ferramentas programables que presentan numerosas vantaxes respecto aos simples manipuladores. Pódese programar unha secuencia de operacións que serán repetidas identicamente e ciclicamente. O recoñecemento da escritura, o recoñecemento da palabra, a percepción visual e as outras áreas da intelixencia artificial aplicadas a robots industriais aumentan a súa capacidade de adecuación ao contorno. As principais aplicacións son a realización automática de operacións de fabricacións que poden ser gobernadas por un sistema central de deseño e fabricación por ordenador (DAO/FAO). Tamén son útiles para traballos e tarefas de tipo fatigosas, repetitivas ou perigosas. Teñen aplicación na tecnoloxía das próteses.

  2. s m

    Persoa que actúa como unha máquina, sen vontade propia.

  3. retrato robot

    Imaxe dunha persoa que se obtén a partir dos datos achegados por alguén que a viu.

Palabras veciñas

Robleto, Hernán | Roblido | Roboam | robot | robótica | robotización | robotizar