robótica
robótica
(< robot)
s
f
[TECNOL]
Conxunto de estudos e técnicas de realización de robots. Inclúe o conxunto de disciplinas que permiten concibir, realizar e automatizar a produción industrial, e é un elemento importante da fabricación con axuda de ordenador. A robótica baséase sobre todo na microelectrónica e a microinformática.