Rocha Forte, castelo da

Rocha Forte, castelo da

Antiga fortaleza situada no lugar da Rocha Vella en Conxo (Santiago de Compostela) preto do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago. Mandouna construír o arcebispo Xoán Arias arredor de 1240. Foi residencia arcebispal e do cabido compostelán. Foi escenario de diversos conflitos e derrubárona durante a Segunda Guerra Irmandiña en 1467.

Palabras veciñas

Rocha | Rocha | Rocha | Rocha Forte, castelo da | Rocha, A | Rocha, Adolfo Correia da | Rocha, cerro da