Rocha Forte, castelo da
Rocha Forte, castelo da
Antiga fortaleza situada no lugar da Rocha Vella en Conxo (Santiago de Compostela) preto do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago. Mandouna construír o arcebispo Xoán Arias arredor de 1240. Foi residencia arcebispal e do cabido compostelán. Foi escenario de diversos conflitos e derrubárona durante a Segunda Guerra Irmandiña en 1467.