ruído

ruído

(

  1. s m
    1. Son ou conxunto de sons inharmoniosos de calquera tipo que non sexa a voz humana ou dun animal, nin o son dun instrumento musical.

    2. Mestura de sons confusos e irregulares.

    3. [FÍS]

      Conxunto de fenómenos vibratorios, xeralmente do aire, que son percibidos polo sistema auditivo e que provocan no home, baixo certas condicións, unha sensación de rexeitamento. A determinación da intensidade do ruído I faise mediante o sonómetro. A relación entre I e a presión p é I = p 2 /ñc, sendo ñc a característica de resistencia do medio, onde ñ é a densidade e c a velocidade do son. Para o aire a 20°C e 751 mm de Hg de presión, ñc = 406 Ns/m 3 . O ruído exprésase correntemente como un nivel (de potencia, de presión ou de intensidade). O nivel de potencia sonora mídese en decibelios tomando como nivel de referencia P 0 = 10 -12 W. Para a intensidade, tómase I 0 = 10 -16 W/cm 2 e para a presión p 0 = 2 · 10 -5 N/m 2 . O ruído ten uns efectos nocivos sobre o oído e o equilibrio psíquico e por iso está considerado como un elemento contaminante.

  2. [FÍS]
    1. s m

      Son que posúe unha característica espectral aleatoria e representa sempre unha desvantaxe a causa da perturbación que pode producir. Cómpre que a relación sinal/ruído sexa elevada.

    2. ruído branco

      Ruído que posúe un espectro continuo e uniforme con enerxía constante dentro dunha banda de frecuencias bastante ampla.

    3. ruído de fondos

      Ruído obtido á saída dun amplificador en ausencia de sinal de entrada. Débese a causas moi diversas, como por exemplo o ruído de Johnson ou o efecto granular e o efecto microfónico nos tubos electrónicos.

    4. ruído rosa

      Ruído de espectro continuamente decrecente coa frecuencia, a razón de 3dB por oitava ao aumentar de frecuencia.

  3. [MED]
    1. s m

      Son confuso, irregular, máis ou menos forte, normal ou patolóxico, que se sente case sempre por auscultación.

    2. ruído de galope

      Ruído observado na insuficiencia ventricular esquerda. Débese ao engadido dun ruído xordo, localizado na diástole, aos ruídos normais do corazón.

    3. ruído metálico

      Ruído de resonancia aguda e forte, semellante ao que se obtén ao percutir unha cavidade de paredes metálicas.

  4. s m [COMUN/LING]

    Perturbación que afecta a un proceso de comumicación.

  5. s m

    Interese ou comentario que provoca unha cousa ou situación.

Frases feitas

  • Facer/Meter ruído. Chamar a atención unha cousa ou dar que falar.