Revista Galega de Educación

Revista Galega de Educación
[PUBLIC]

Revista publicada en Vigo a partir de 1986 que cesou en 1999 (nº33). Subtitulouse “Publicación trimestral de Nova Escola Galega”. De carácter educativo e interdisciplinar, foi promovida pola asociación de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. Dirixida por Manuel Bragado, tivo un carácter trimestral ata o seu último ano, 1999, en que só tirou dous números.