Revista Galega de Teatro

Revista Galega de Teatro
[PUBLIC]

Revista publicada en Cangas a partir de 1985. Editada pola Asociación Cultural “Entre Bambalinas”, foi dirixida por Antón Lamapereira. De carácter informativo e centrada no mundo teatral, a revista formou parte   da Rede de Publicacións do Instituto Internacional do Teatro do Mediterráneo. Incluíu historia do teatro, notas sobre festivais e premios, e reflexións sobre o teatro afeccionado noutros países. A partir do número 6, en setembro de 1989 comezou unha segunda época e, co número 22 pasou de semestral a saír cada tres meses, aínda que con certa irregularidade.