Revista Galega do Ensino

Revista Galega do Ensino
[PUBLIC]

Revista trimestral publicada en Santiago de Compostela a partir do 1 de decembro de 1993. Editada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, foi dirixida, sucesivamente, por Constantino García, Mercedes Brea e Ana Mª Platas. De carácter interdisciplinar, serviu como medio de comunicación entre os centros educativos co obxecto de promover a formación e a investigación entre os profesionais do ensino. Tamén acolleu traballos sobre materias técnicas e humanísticas, cun enfoque metodolóxico e práctico.