Sais

Sais

Antiga cidade exípcia, situada 144 km ao SL de Alexandría, que se corresponde coa actual Ṣ ā al- Ḥ a ǧ ar. Non aparece mencionada nas fontes exipcias ata o Reino Medio (2040-1786 a C) e non comezou a destacar ata a dinastía XXIV, cando o faraón Tefnakht (720? a C) a fixo a súa sé. Capital do nomós V do Baixo Exipto durante a maior parte da historia faraónica, foino tamén de todo o país baixo a dinastía XXVI (664-525 a C) e a XXVIII (404-399 a C).

Palabras veciñas

saiote | Saipan | saír | Sais | saíta | Saitama | Saiz de la Hoya, Ramón