Salsola
Salsola
[PLANTA]
Xénero de pequenos arbustos, da familia das quenopodiáceas, de follas filiformes ou semicilíndricas rematadas nunha espiña, flores hermafroditas con brácteas, periantio con 5 pezas, 5 estames, ovario súpero con 3 estigmas e froito en aquenio. En Galicia está presente a especie S. kali en zonas do litoral.