Salta

Salta

Provincia de Arxentina, na rexión Norte (155.488 km2; 1.079.051 h [2001]). A súa capital é Salta. Está situada entre as provincias de Catamarca, Tucumán e Santiago del Estero ao S, Chaco, Formosa e Paraguay ao L, Bolivia ao N, Jujuy ao NO e Chile ao O. A chaira atópase no sector oriental, e no occidental están as cordilleiras andinas, coa rexión da puna e con cumios superiores aos 6.000 m; e as subandinas, con altitudes entre os 2.000 e os 2.500 m, onde nacen os ríos principais (Salado e Bermejo). O clima é frío no sector montañoso e tropical na chaira. A poboación está concentrada sobre todo ao pé do monte andino. Hai xacementos petrolíferos e de gas.

Palabras veciñas

SALT | Salt Lake City | Salta | Salta | saltación | saltadoiro | Saltadoiro, O