saltación

saltación

(< lat saltaniōne)

s f [XEOG]

Tipo de transporte de sedimentos por parte da auga ou do aire. A saltación hidráulica é o transporte descontinuo de areas ou de gravas, máis grandes que as transportadas en suspensión arremuiñada, pero máis pequenas ca os materiais levados a rolos ou arrastrados polo fondo. A saltación eólica, máis sistematizada, é o transporte por deriva eólica non rodada de grans entre 0,2 e 0,5 mm de diámetro.

Palabras veciñas

Salt Lake City | Salta | Salta | saltación | saltadoiro | Saltadoiro, O | saltador -ra