Schwarzschild, Karl

Schwarzschild, Karl

Astrónomo alemán. Asistente no observatorio Kuffner de Viena (1896), foi profesor en Múnic (1899-1901) e en Göttingen (1901-1909) e director do observatorio astrofísico de Postdam. Deseñou un obxectivo espectrográfico especial. Investigou sobre a relatividade xeral e o campo gravitacional dunha esfera fluída, onde introduciu o concepto de raio de Schwarzschild, que despois tivo aplicación nas teorías dos buratos negros.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Frankfurt

  • Deceso

    Lugar : Potsdam