Coelodonta

Coelodonta
[PALEONT]

Xénero de rinocerontes do Pleistoceno, de ata 3,5 m de lonxitude, co corpo recuberto dunha densa capa de pelo e con dous cornos na cabeza: un, de ata 1 m de lonxitude (nos machos), e outro á altura dos ollos. Viviu na estepa e na tundra euroasiáticas. Foi obxecto de caza por parte do home e consérvanse algunhas representacións, datadas en 30.000 anos, en covas do S de Francia.