Coelurosauravus

Coelurosauravus
[PALEONT]

Xénero de réptiles da subclase dos diápsidos, de ata 40 cm de lonxitude, con costelas prolongadas externamente aos lados do corpo, unidas cunha pelica e formando unhas ás de 30 cm de envergadura. Alimentábase de insectos, nas selvas de Madagascar, a finais do Pérmico, e desprazábase planeando entre as árbores.

Palabras veciñas

Coelodonta | Coelophysis | Coelorhynchus | Coelurosauravus | Coelurus | Coen, Joel | Coenagrion