Coenagrion
Coenagrion
[ANIMAL/ENTOM]
Xénero de odonatos da familia dos cenagriónidos que na fase adulta se presentan como gaiteiros. O macho ten o abdome de cor azul con deseños negros na cara dorsal, que no caso do segundo segmento é característico de cada especie. As femias teñen o abdome amarelado, averdado ou azul con manchas negras dorsais. As larvas dalgunhas especies pódense desenvolver tanto en augas estancadas como en correntes. En Europa existen 12 especies e en Galicia están presentes C. lindenii, C. mercuriale, C. puella e C. scitulum.