Coelurus

Coelurus
[PALEONT]

Xénero de dinosauros da familia dos celúridos, de ata 2 m de lonxitude e cunha cabeza menor aos 20 cm de longo. As patas traseiras, coas que corrían velozmente, eran longas, e as dianteiras contaban con tres dedos con garras, coas que capturaban réptiles e pequenos mamíferos. Viviron a finais do Xurásico e os principais xacementos están en América do Norte.

Palabras veciñas

Coelophysis | Coelorhynchus | Coelurosauravus | Coelurus | Coen, Joel | Coenagrion | Coence